Friday

Luar na lubre

TERRA



Ainda hoxe queda xente
que sabe sentir a terra
queda ainda quen comprende
canto pode aprender dela

Que non existe o silencio
todo está cheo de sons
canta o río, brúa o vento
todo fala ao teu redor

I é preciso que entendas
o que intues no interior
somos parte desta terra
porque terra somos nós

Somos coma o vento
que peitea a herba
gardando os segredos
dos confins da terra

Somos como as pedras
que o tempo moldea
envoltas nas neboas
dos confíns da terra

Somos coma o lume
que da luz nas tebras
i esperta as concencias
dos confins da terra

ESPIRAL



-Onde vas ti indo, querida doncela?
-Vou buscar leite señor, dixo ela.
Dúas rosas roxas, dous ollos negros
cheíños de barro, señor atópeme.

-Podo ir contigo, querida doncela?
-si, si o desexo señor, dixo ela.
Dúas rosas roxas, dous ollos negros
Cheíños de barro, señor atópeme.

-Cal é a túa dote, querida doncela?
-é como ti me ves señor, dixo ela.
Dúas rosas roxas, dous ollos negros,
Cheíños de barro, señor atópeme.
 
Add to Technorati Favorites Add to Technorati Favorites Directory of General Blogs Blog Directory